Blogia

VENTOS de CORES

CHEGA O INVERNO INVERNEIRO.

CHEGA O INVERNO INVERNEIRO.

Pum, Pum!

Chaman a porta.

É o inverno, inverneiro

que trae posto un sombreiro.

Fum, Fum!

Petan na ventá.

É o vento,venteiro

cunha bufanda de cores

e un chuvasqueiro.

Rum, Rum!

Cae pola chimenea,

a neve, neveira,

que trae o frío,

na carteira.

EU SON...

EU SON...

Eu son Anacleta,

e son unha bicicleta.

Eu son Marcial,

e son unha nave espacial.

Eu son Efrén,

e son un tren.

Eu son Marco,

e son un barco.

Eu son Ramón,

e son un camión.

¿Cómo se chama a bicleta?.

¡ANACLETA!.

¿Cómo se chama a nave espacial?.

¡MARCIAL!.

¿Cómo se chama o tren?.

¡EFRÉN!.

¿Cómo se chama o barco?.

¡MARCO!.

¿Cómo se chama o camión?.

¡RAMÓN!.

CINCO DEDOS.

CINCO DEDOS.

 

 

 

 

 

 

 

Levanta unha man;

cinco dedos

unha árbore fan.

Levanta a outra man;

cinco dedos

un estrela de mar debuxarán.

Unha árbore, unha estrela...

¿e se levantamos as dúas mans?.

Dimo ti:

¿En que se convertirán?.

 

SUBE, SUBE

SUBE, SUBE

 

 

 

 

Sube a escaleira

unha vaca leiteira.

Sube polo ascensor

un grilo cantor.

Sube polo tellado

un gato mollado.

SubeTI pola miña perna

que che vou dar unha APERTA.

O RATO.

O RATO.

 

 

 

 

 

 

Hai un rato

no faiado.

Non o escoitas,

está calado.

Ponlle un nome,

para atrapalo.